Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxes definitivas de admitidos/as e...

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de persoal para a brigada contra incendios

No documento anexo fanse públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de persoal para a brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais e tres operarios de motobomba. 

Tamén se dá conta do nomeamento do tribunal e das datas para o proceso selectivo. O luns 22 de xullo terá lugar a valoración de méritos e o martes 23 celebrarase a primeira proba, a partir das 09.30 horas, no pavillón polideportivo Vila de Noia.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: