Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

8 agrupacións locais participarán no concerto de música tradicional "Sons de Aquí"

Sábado 16 de novembro do 2019 20.30 horas - Pazo da Cultura

Un ano máis, as agrupacións carballesas e a Concellaría de Cultura unen esforzos para converter de novo o mes de novembro no mes da música. Tras o éxito acadado o pasado venres 9 co festival "Live in Cances", que xa acadou a súa 14º edición, este sábado chega outra das citas máis agardada polo público: o concerto de música tradicional Sons de Aquí, que nesta ocasión reunirá ás agrupacións Xoldreira de Nemeth, San Campio de Cances, Escola do Alprende de Oza, O Candil de Sísamo, Argazo de Baldaio, Arume de Verdillo, Banda Municipal de Gaitas e Coro Aires de Bergantiños.

Un auténtico espectáculo para os sentidos que non podes perder!! Anímate e achégate ata o auditorio do Pazo da Cultura. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Organiza: Concellería de Cultura
Colaboran: Agrupacións musicais de Carballo

Compartir: