Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O XXXII Concurso de Cachelas deixará máis de 1.450€ en premios e subvencións

Domingo 23 de xuño do 2019 De 19 a 23 horas - Barrios de Carballo

Cachela gañadora 2018

Como cada 23 de xuño, as cachelas de San Xoán converteranse nas protagonistas da velada e do tradicional concurso que este ano acada a súa XXXII edición. Das 19 ás 23 horas, o xurado percorrerá as diferentes cachelas inscritas para proceder á súa valoración tendo en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...). Repartiranse un total de 1.450 € en premios, á parte das gratificacións por participar, que oscilarán entre 20 e 50€, en función da súa calidade, para as 20 primeiras inscricións que non resulten premiadas. Moita sorte a todos os/as participantes!

Organiza: A.C. San Xoán
Colabora: Sargadelos Galería de Carballo

Compartir: