Inicio Carballo ao día Axenda O Casino 1889 acolle a celebración do...

O Casino 1889 acolle a celebración do Día dos Medios en Galego

Venres 7 de febreiro do 2020 20.30 horas - Casino 1889 Participación veciñal

O Casino 1889 de Carballo acolle hoxe, ás 20.30 horas, o Día dos Medios en Galego, unha conmemoración ratificada no Parlamento Galego que se celebra cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, 'O Tío Marcos d’A Portela', editado en Ourense por Valentín Lamas Carbajal en 1876.

O acto, que será presentado pola regueifeira de Bergantiños Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino Gonzalez e contará a participación da deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño Filgueira; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez. Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina.

Organiza: Asociación dos Medios en Galego
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Colaboran: Casino 1889, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia

Compartir:


- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
2
3
5
6
7
9
10
12
13
14
19
20
21
23
24
26
27
28
30
31