Inicio Carballo ao día Axenda Música, mandalas e moita creatividade en...

Música, mandalas e moita creatividade en Mercarte de Nadal

Domingo 15 de decembro do 2019 De 11.00 a 21.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

A partir das 11.00 horas as portas do Casino 1889 abriranse para acoller a edición de Nadal de Mercarte, un evento aberto a toda a cidadanía co que se pretende difundir o traballo de artistas locais e galegos/as e desfrutar dunha xornada repleta de actividades para todos os públicos ao tempo que descubriremos algúns dos deseños máis creativos e orixinais para agasallar nestas datas que se aveciñan.  .

Pero ademais de ter a oportunidade de ver e mercar algunhas das últimas creacións dos artistas participantes, os/as máis cativos poderán participar nun obradoiro infantil (17.00 horas) para aprender a elaborar mini-mandalas de Nadal con Tribu Pachamama a cambio dunha doazón de 3 €. 

A música tamén estará presente da mañá á noite. Ás 13.00 horas, DJ Tristón animará a sesión vermú mentres que o grupo local Elvis Negro será o encargado de poñer o broche final 

Estes son os artistas que participan exhibindo e vendendo as súas obras:

- Esther Chamoso Lázaro, arquitecta e artista multidisciplinar do noso municipio
- Lara Torres, ilustradora rianxeira de formación pictórica realista
- Laura Tova, diseñadora e ilustradora voante de recoñecido prestixio
- Lidia Cao,  ilustradora e recoñecida muralista galega
- Amorote printing workshop
- Sandra Rego
, especialista en estampación artesanal a través da serigrafía e o grabado en relieve
- La madrina de Candela, deseñadora de xoias
- Julia Aguiar, artista plástica especializada en acuarela

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Casino 1889
Colaboran: Asociación Crea Formas e Concello de Carballo

Compartir:


- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
2
3
5
6
7
9
10
12
13
14
19
20
21
23
24
26
27
28
30
31