Inicio Carballo ao día Axenda Volven os ratos de Lonxedetodo coa historia de...

Volven os ratos de Lonxedetodo coa historia de "O caracol namorado"

Mércores 11 de decembro do 2019 17.00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Un caracol chamado Manolo e unha ra de nome Lolita serán os protagonistas da nova sesión de contacontos que nos traerá esta semana a compañía Trinketrinke Teatro á Biblioteca Rego da Balsa. 

Nesta ocasión, os ratiños de Lonxedetodo chegan dispostos a ensinarnos algo máis sobre o amor a través da poesía visual e auditiva. E, coma sempre, farano a través dos libros e da lectura.

Ademais, descubriremos se é o amor o culpable dos problemas de alimentación de Manolo. Apetéceche descubrilo? Pois non faltes á cita cos ratos máis divertidos do planeta. Agardámosvos!

Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo (reserva convite)
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2020 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
17
18
19