Inicio Carballo ao día Axenda A Coral Polifónica de Bergantiños...

A Coral Polifónica de Bergantiños celebra o seu 50º aniversario cun concerto

Mércores 26 de xuño do 2019 21:00 horas - Praza do Concello Cultura

Este ano a Coral Polifónica de Bergantiños está de parabéns! Con motivo do seu 50º aniversario, a formación carballesa ofrecerá un concerto na Praza do Concello ao que está convidada toda a veciñanza. 

A Coral Polifónica de Bergantiños naceu en Carballo no ano 1969, ao amparo do antigo 'teleclub', baixo a dirección do párroco D. Jaime Rodríguez Valcárcel. Ao pouco tempo toma a dirección D. Manuel Rodríguez Rodríguez, con quen a coral crece en formación musical e tamén en número de compoñentes, e inicia unha etapa de auténtica expansión e longa andaina. No ano 2007 créase o coro de voces brancas, ilusionante iniciativa xurdida dunha colaboración coa parroquia de San Xoán Bautista.

Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24