Inicio Carballo ao día Axenda Os Bolechas traen a Carballo a campaña...

Os Bolechas traen a Carballo a campaña "O que se enchufa recíclase"

Do martes 11 de xuño ata o mércores 12 de xuño do 2019 Horario de tarde - Praza do Concello

O día 1 de xuño arrincou unha nova campaña de sensibilización sobre a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). A iniciativa, promovida pola Xunta, inclúe, entre outras accións, un posto informativo itinerante para dar a coñecer á cidadanía as obrigas e dereitos en relación á xesión e reciclaxe dos RAEE.

O público infantil tamén terá o seu espazo co despregue dunha carpa e o autobús dos Bolechas, que colaboran activamente nesta campaña. Se queres saber como só tes que achegarte á Praza do Concello os días 11 e 12 polas tardes.

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D